Na tarde do martes 23 de xullo o BNG de Tui asinou, após as negociacións pertinentes, un pacto co equipo de goberno do concello de Tui do PSDG-PSOE para levar adiante os presupostos para a cidade de Tui do 2024.
Os acordos aos que se chegaron son os seguintes:
1. O BNG de Tui votará afirmativamente a proposta de orzamentos municipais para este ano 2024 , coas modificacións acordadas segundo os puntos marcados nos seguintes apartados.
2. O PSOE de Tui comprométese a cambio aos seguintes puntos :
– Destinarase unha partida para impulsar os trámites en relación aosterreos contiguos ao CEIP Nº 1 de Tui, coa finalidade de dignificar esteespazo educativo cun área de recreo adecuada aos tempos actuais.
– Porase en marcha un plan de mellora de espazos verdes e arborado urbano. Como primeira medida, con partida nestes orzamentos, farase un intervención no Parque Empresarial de Areas, con plantación de arborado e mellora do mantemento
– Levarase a cabo unha mellora paulatina dos parques infantís dasparroquias, incluíndo tamén partida económica nestes orzamentos, epriorizando estas actuacións, dado o seu estado actual, nos parquesinfantís do Montiño, Pexegueiro e Malvas.
– O PSOE comprométese a impulsar os catro puntos do anterior acordo(agosto de 2023), incluíndo partidas nestes orzamentos, para os traballos a realizar no “Bosque de Seoane” (localización de propietarios das diferentes fincas, medición e valoración das mesmas), así como para a modificación do proxecto do edificio de Cam-Fran, para adecuar este ao acordo asinado.
3. Facer público este acordo nos medios de comunicación e redes sociais paracoñecemento da sociedade tudense.